Verna Aardema
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1911 New Era, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 11 de maio de 2000 (88 anos) Chapel Hill, Estados Unidos de América (pt) |
Lugar de sepultura | Norton Cemetery (en) |
Educación | Universidade Estatal de Míchigan |
Actividade | |
Ocupación | escritora, escritora de literatura infantil |
Obra | |
Arquivos en | |
Verna Aardema, nada en New Era, Míchigan, o 6 de xuño de 1911 e finada o 11 de maio de 2000, foi unha escritora norteamericana de literatura infantil.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduouse na Universidade do Estado de Míchigan cun B.A. de Periodismo en 1934. Traballou como mestre de escola primaria entre 1934 e 1973 e foi correspondente do "Muskegon Chronicle" en 1951 ata 1972.
Cando era nena sabía que sería escritora. Cada segundo libre usouno lendo algo, o que puidera chegar as súas mans. No seu Ano Maior en Míchigan, gañou tres competicións de escritura. Pensou en escribir para nenos cando a súa filla non quixo comer ata que ela non lle contara unha das súas historias.
Obra
[editar | editar a fonte]En 1960 publicou o seu primeiro conxunto de historias, Tales from the Story Hat e continuou adaptando contos tradicionais e do folclore de culturas distantes, (polo xeral de África e México) para expoñer aos rapaces a variedade enorme da expresión humana. O seu libro, Why Mosquitoes Buzz in People's Ears (1975, ilustrado por Leo e Diane Dillon, recibiu a "Medalla Caldecott" en 1976, e o Premio "Brooklyn Art Books" en 1977.
Who's in Rabbit's House? de 1977, foi o "School Library Journal Best Book of the year" de 1977 e o "Lewis Carroll Shelf Award" en 1978. Aardema recibiu o Premio de Mesa redonda de Lectura De nenos en 1981, e varios dos seus traballos foron seleccionados como "Notable Books" pola Asociación de Biblioteca americana. Con Oh Kojo! How Could You! gañou o "Parents Choice Award for Literature".